Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Grobas.
Grobas é un lugar da parroquia de San Amedio de Millarada, no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra. Está deshabitado desde 1960.
Características
Localízase nas proximidades do río Grobas a 600 metros de altitude na Serra do Candán nunha depresión entre o monte do Coco e o alto de San Bieito. Malia a súa localización nunha zona agreste a súa poboación mantiña un nivel de vida superior ás outras aldeas da comarca grazas á venda de carbón de carballo e á explotación do estaño.
Lugares e parroquias
Lugares de Millarada
Parroquias de Forcarei