Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Aciveiro.
Santa María de Aciveiro (do latín acifu- 'acivro' + -ario, sufixo abundancial, 'lugar con abundancia de acivros') é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 329 habitantes (164 mulleres e 165 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 405 habitantes.Enquisa do concello.
Topónimo
Fitotopónimo, lugar no que hai ou houbo moitos acivros.[2]
Patrimonio
Na parroquia está situado o Mosteiro de Santa María de Aciveiro.
- No convento de Acibeiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro! [3].
Festas
8 e 9 de setembro: Festas na honra á Virxe dos Remedios e San Roque.
Domingo anterior ao 7 de setembro: Festa na honra a Santa María a Real.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Aciveiro
Parroquias de Forcarei
Notas
Véxase tamén
Outros artigos