Graça Lobo

Modelo:BiografíaGraça Lobo
Biografía
Nacemento12 de abril de 1939 Editar o valor en Wikidata
Vialonga, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte9 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Torres Vedras, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, escritora Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2111176 Editar o valor en Wikidata

Maria da Graça Monteiro Lobo da Costa, máis coñecida como Graça Lobo, nada en Vialonga, Vila Franca de Xira ou Penha de França, Lisboa, o 12 de abril de 1939, e finada en Torres Vedras o 9 de setembro de 2024, foi unha actriz e escritora portuguesa.[1]

Traxectoria

Graça Lobo era filla única de Lia Sacramento Monteiro e de Artur Leal Lobo da Costa, nado en Coímbra o 14 de novembro de 1882, que salientou como militar e que foi Coronel, Arma de Infantaría, Governador Civil de Leiria, Coímbra, Porto e Lisboa, tendo sido Membro do Consello da Orde Militar de Avis, Medalla de Ouro de Comportamento Exemplar, Cruz de 3ª Clase de Hohenzoller, Grande Oficial da Orde de Cristo e Deputado portugués na 1ª lexislatura do Estado Novo, de 1935 até a renúncia, en 1937.[2] Non existe consenso no tocante ao lugar de nacemento de Graça Lobo. Existen fontes segundo as cales naceu nun palacio, propiedade do pai, en Vialonga, mais segundo outras fontes, o nacemento ocorreu na freguesía da Penha de França, en Lisboa.[3] En Vialonga pasou festivos e fins de semana até os 18 anos. Despois de ter estudado nos mellores colexios, o pai mandouna para um convento en Dublín cando tiña 15 anos, até os 17 anos. Aos 19 anos traballou nunha compañía aérea de Bogotá como hospedeira e despois na TAP.[4]

Morreu de causas naturais o 9 de setembro de 2024, no lar da Santa Casa da Misericórdia de Torres Vedras, onde residía dende 2019.[5]

Filmografía

Ano Título Personaxe Notas[6]
1966 A Bola de Fogo Telefilme
1967 As Noites Brancas Telefilme
1969 Noite de Verão Kathie Telefilme
1979 Velhos Tempos Anna Telefilme
1988 Play Telefilme
2012 Silencio Ama Filme

Obras

  • Sinceramente, Oficina do Livro (2001)

Notas

  1. "Morreu Graça Lobo, atriz que ousou ser Mariana Alcoforado, Molly Bloom e Hedda Gabler". Diário de Notícias (en portugués). Consultado o 9 de setembro de 2024. 
  2. Genealogia Hebraica - 5 vols. José Maria Abecassis, Edição do Autor, 1.ª Edição, Lisboa, 1990, vol. I-páx. 406
  3. "Graça Lobo, uma mulher de "muitos lados" (e contradições)". Notícias ao Minuto (en portugués). Consultado o 14-09-2024. 
  4. Revista Sábado n,º 565, 26/02/2015.
  5. "Morreu Graça Lobo, a actriz — e mulher — que tinha “a mania da liberdade”". Público (en portugués). Consultado o 14-09-2024. 
  6. "Graça Lobo (1939-2024)". IMDb (en inglés). Consultado o 2024-09-12.