Grand Tour foi o nome dado a unha viaxe tradicional por Europa, feito polos ricos mozos aristócratas europeos no século XVII, dirixida a mellorar os seus coñecementos con saída e chegada nunha mesma cidade. Esta viaxe podería durar desde algúns meses a varios anos. O destino final era comunmente Italia, ou, aínda que máis raramente, Grecia. Esta práctica desenvolveuse desde aproximadamente 1600 ata a aparición do tráfico ferroviario en grande escala, nos anos de 1840, e adoitaba estar sempre asociado a un itinerario específico.[1] A tradición aínda continuou despois de que as viaxes por tren e barco a vapor facilitaran os desprazamentos, e mozos americanos e doutros lugares do mundo tamén a realizaron. Mozos e ricos empezaron a realizar unha viaxe través de Europa, en busca de arte, cultura e das raíces da civilización occidental. Con fondos case ilimitados, conexións aristocráticas e meses (ou anos) dispoñíbeis, encargaban pinturas, melloraban os seus dotes lingüísticos e mesturábanse coa nobreza local.[2]
Buzard, James (2002), "The Grand Tour and after (1660-1840)", en The Cambridge Companion to Travel Writing. ISBN 0-521-78140-X
Chaney, Edward. (1985), The Grand Tour and the Great Rebellion: Richard Lassels and 'The Voyage of Italy' in the seventeenth century(CIRVI, Geneva-Turin, 1985.