A granadina[1] ou xarope de granadina é unha bebida que se elabora con azucre e granadas, e que non contén alcohol.
Debido a que a granadina adoita utilizarse en cócteis para adozar e dar cor, moitos cren que se trata dunha bebida alcohólica.
Tamén pode tomarse como refresco, combinándoa con soda ou auga.
A granadina pode utilizarse tamén para darlle sabor a xeados e outras sobremesas.
Notas