O Gran Premio do Reino Unido de 1957 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 14 de xullo de 1957 no circuíto de Aintree, Liverpool, Inglaterra. Foi o décimo Gran Premio do Reino Unido, e a quinta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1957 de Fórmula Un. A carreira foi gañada por Stirling Moss e Tony Brooks, que compartiron tarefas de pilotaxe nun Vanwall. Foi a terceira e última vez que un Gran Premio foi gañado por dous pilotos nun coche compartido. Esta foi a primeira ocasión en que un coche de fabricación británica gañou unha carreira do campionato mundial de pilotos, un logro conseguido con dous pilotos británicos no Gran Premio de casa.
Coche 20: Tony Brooks (26 voltas) e Stirling Moss (64 voltas). Compartiron os 8 puntos do primeiro posto
Coche 16: Maurice Trintignant (85 voltas) e Peter Collins (3 voltas). Trintignant recibiu os 3 puntos do cuarto lugar, xa que se determinou que Collins non conducíu un suficiente número de voltas.