O Gran Premio de Suíza de 1950 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada o 4 de xuño de 1950 en Suíza. Esta carreira foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de Pilotos de 1950. A carreira, disputada sobre 42 voltas cunha distancia total de 305´760 quilómetros foi gañada por Nino Farina do equipo Alfa Romeo. Luigi Fagioli terminou segundo tamén con Alfa Romeo e Louis Rosier terminou 3º con Automobiles Talbot-Darracq SA.
A cuarta rolda do Campionato tivo lugar apenas tres semanas logo do comezo do campionato en Silverstone (con Mónaco e Indianápolis celbrandose en fins de semana consecutivos). Unha vez máis, a carreira resultou ser unha batalla entre os Alfa Romeo 158 de fábrica de Giuseppe Farina, Juan Manuel Fangio e Luigi Fagioli e os Ferrari de Alberto Ascari, Luigi Villoresi (que tiña o último modelo coa suspensión traseira Dion, motor con dobre árbore de levas e caixa de cambios de 4 velocidades), Raymond Sommer e Peter Whitehead. Estaban unha serie de pouco competitivos Talbot-Lago e Maserati. José Froilán González estaba fóra da carreira como consecuencia das queimaduras que recibira despois do accidente da primeira volta en Gran Premio de Mónaco. Tamén como resultado do accidente estaba fora o piloto de fábrica de Maserati Franco Rol.
Na cualificación Fangio e Farina distanciaronse de Fagioli con Villoresi e Ascari compartindo a segunda fila da grella 3-2-3. Peter Whitehead, Franco Rol, Reg Parnell e Rudi Fischer non se clasificaron. Na primeira volta Ascari meteuse entre os Alfa Romeo, pero rapidamente descolgouse cara a atrás e deixou a batalla aos Alfas. Fangio liderou desde o principio, pero logo adiantouse Farina despois dunha parada en boxes máis rápida. Fagioli non foi quen de manterse e logo da retirada de Villoresi e Ascari o Príncipe Bira quedou cuarto. Tivo que recargar combustible e polo tanto Felipe Étancelin nun Talbot-Lago ocupou o cuarto lugar. Pouco despois, o piloto de fábrica de Talbot-Lago Eugène Martin estrelouse con forza e resultou ferido de gravidade cando saíu despedido do coche. Étancelin retirouse máis tarde con problemas na caixa de cambios o piloto de fábrica de Talbot-Lago Louis Rosier quedou cuarto, e ascendiu a terceira posición cando Fangio retirouse na volta 33 cun problema eléctrico.
Equipos
Clasificación
Cualificación
Carreira
Posicións logo da carreira
- Nota: Só as cinco primeiras posicións están na lista. Só os 4 mellores resultados contan para o Campionato.
Notas
Ligazóns externas
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2015. Consultado o 2007-06-05.