O Gran Premio de Italia de 1979 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 9 de setembro de 1979. A carreira, que se disputou sobre 50 voltas, foi a décimo terceira proba da tempada de 1979. Gañouna o surafricano Jody Scheckter pilotando un Ferrari. Scheckter logrou o actual campionato de pilotos, mentres que Ferrari asegurou o Campionato de Construtores.
Resumo da carreira
Antecedentes
Monza foi renovado para o ano 1979, a pista asfaltouse de novo e agregáronse zonas de seguridade na Curva Grande e na curva Lesmo.
A lista de inscritos foi ampliada polo retorno do equipo Alfa Romeo, que participara en Bélxica e Francia a principios de tempada. Alfa Romeo enviou dous coches: un novo chasis 179 para Bruno Giacomelli e o vello 177 para Vittorio Brambilla, que corría por primeira vez desde o accidente na carreira do ano anterior en Monza que se cobrou a vida de Ronnie Peterson. Mentres tanto, o mexicano Héctor Rebaque tivo o seu chasis HR100 listo por primeira vez, mentres que o suízo Marc Surer, logo de gañar o campionato europeo de Fórmula dúas de 1979 o mes anterior, fixo a súa primeira aparición na Fórmula Un pilotando o Ensign en lugar de Patrick Gaillard.
Eliminatorias
Os motores turbo de Renault foron rápidos na cualificación e encheron a primeira fila da grella, con Jean-Pierre Jabouille por diante de René Arnoux. Foi a cuarta pole de Jabouille da tempada, e a sexta de Renault. Scheckter e Alan Jones no Williams formaron a segunda fila, mentres que na terceira estaban os seus respectivos compañeiros de equipo, Gilles Villeneuve e Clay Regazzoni. O top ten completouse con Jacques Laffite no Ligier, os Brabhams de Nelson Piquet e Niki Lauda e Mario Andretti no Lotus.
Carreira
Os Renault eran lentos na liña de saída e así Scheckter conseguiu adiantarse, con Arnoux segundo. Jones tamén fixo unha mala saída e caeu á parte traseira da pista, quedando Villeneuve terceiro e Laffite cuarto logo dunha rápida saída. Na 2ª volta, Arnoux pasou a Scheckter no liderado, mentres que Piquet estrelouse despois de engancharse con Regazzoni.
Durante as seguintes once voltas Arnoux, Scheckter, Villeneuve, Laffite e Jabouille correron pegados, con Regazzoni sexto algo mais distante. Logo, na volta 13, o motor de Arnoux comezou a fallar, dando lugar a súa retirada. Así Scheckter recuperou o liderado, con Villeneuve tras el. Máis adiante, Laffite e Jabouille tamén sufriron fallos de motor, ascendendo Regazzoni a terceiro.
Scheckter finalmente pasou a bandeira a cadros medio segundo por diante de Villeneuve e, acadou o campionato de pilotos. Este dobrete de Ferrari na súa carreira en casa tamén lles asegurou o campionato de construtores. Regazzoni, concluíu catro segundos por detrás de Villeneuve e 50 por diante de Lauda, os últimos puntos foron para Andretti e Jean-Pierre Jarier no Tyrrell.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación do campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os mellores 4 resultados das primeiras 7 carreiras e os 4 mellores resultados das últimas 8 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.
Notas
- Líderes por volta: Jody Scheckter 39 voltas (1, 13-50); René Arnoux 11 voltas (2-12)
- Esta foi a décima e derradeira vitoria de Scheckter na F1.
Véxase tamén
Ligazóns externas