Gran Cimbabue ou Grande Cimbabue foi unha cidade epicentro dunha civilización da idade de Ferro (1100-1500 e.c.) coñecida como Reino de Cimbabue, situada sobre a meseta que domina o curso alto do río Sabi, na actual Cimbabue. Estaba composta por unha cidade situada sobre un outeiro, denominada polos arqueólogos como A Acrópole ou Gran Recinto, e arrodeada por unha muralla de 250 metros de lonxitude, 10 metros de altura e uns 5 metros de espesor. Estímase que chegaron a habitar a cidade até unhas 20.000 persoas. A extensión total estímase en 722 hectáreas.
O conxunto arquitectónico é uns dos mellor conservados da África subsahariana. Desde 1986 é Patrimonio da humanidade pola UNESCO[1].
O gran Cimbabue é considerado o santuario nacional da actual Cimbabue, onde se atopou o paxaro de Cimbabue, símbolo nacional do país e que forma parte do escudo da bandeira.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas