A glucano 1,4-α-glicosidase (EC 3.2.1.3), antes coñecida como γ-amilase, é un encima localizado no bordo en cepillo do intestino delgado . Outros nomes que se lle deron a este encima son: glicoamilase, amiloglicosidase, α-glicosidase lisosómica, maltase ácida, exo-1,4-α-glicosidase, glicose amilase, γ-1,4-glucano glicohidrolase, 1,4-α-D-glucano glicohidrolase e ten o nome sistemático de 4-α-D-glucano glicohidrolase.[1][2][3][4][5][6] Este encima cataliza a seguinte reacción química:
- Hidrólise dos residuos de α-D-glicosa terminais con enlaces (1→4) sucesivamente desde os extremos non redutores das cadeas con liberación de β-D-glicosa
A maioría das formas deste encima poden hidrolizar tamén rapidamente enlaces glicosidicos 1,6-α-D cando o seguinte enlace da secuencia é 1,4. Pertencen a varias familias diferentes, como a glicósido hidrolase familia 15 de fungos, a glicósido hidrolase familia 31 do intestino humano (MGAM), e a glicósido hidrolase familia 97 das formas bacterianas.
Notas
- ↑ French D, Knapp DW (decembro de 1950). "The maltase of Clostridium acetobutylicum; its specificity range and mode of action". The Journal of Biological Chemistry 187 (2): 463–71. PMID 14803428. doi:10.1016/S0021-9258(18)56190-1.
- ↑ Brown BI, Brown DH (outubro de 1965). "The subcellular distribution of enzymes in type II glycogenosis and the occurrence of an oligo-α-1,4-glucan glucohydrolase in human tissues". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Enzymology and Biological Oxidation 110 (1): 124–33. PMID 4286143. doi:10.1016/s0926-6593(65)80101-1.
- ↑ Jeffrey PL, Brown DH, Brown BI (marzo de 1970). "Studies of lysosomal α-glucosidase. I. Purification and properties of the rat liver enzyme". Biochemistry 9 (6): 1403–15. PMID 4313883. doi:10.1021/bi00808a015.
- ↑ Kelly JJ, Alpers DH (xullo de 1973). "Properties of human intestinal glucoamylase". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Enzymology 315 (1): 113–22. PMID 4743896. doi:10.1016/0005-2744(73)90135-6.
- ↑ Copeland WH, Miller KD (outubro de 1956). "A blood trans-α-glucosylase". Biochimica et Biophysica Acta 22 (1): 193–4. PMID 13373867. doi:10.1016/0006-3002(56)90242-6.
- ↑ Tsujisaka Y, Fukumoto J, Yamamcto T (marzo de 1958). "Specificity of crystalline saccharogenic amylase of moulds". Nature 181 (4611): 770–1. Bibcode:1958Natur.181..770T. PMID 13517301. doi:10.1038/181770a0.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas