1,2,3-Propanetriol, 2-(dihidróxeno fosfato)Glicerol-2-fosfatoβ-Glicerofosfatoβ-fosfoglicerolBGPPIN: = 1,3-Dihidroxipropan-2-il dihidróxeno fosfato
C(C(CO)OP(=O)(O)O)O
InChI=1S/C3H9O6P/c4-1-3(2-5)9-10(6,7)8/h3-5H,1-2H2,(H2,6,7,8)Key: DHCLVCXQIBBOPH-UHFFFAOYSA-N
O glicerol 2-fosfato é a base conxugada do éster fosfórico do glicerol. Coñécese comunmente tamén como β-glicerofosfato ou BGP. A diferenza do glicerol 1-fosfato e do glicerol 3-fosfato, este isómero non é quiral. Tamén é menos común ca eles.
O β-glicerofosfato é un inhibidor do encima serina-treonina fosfatase. A miúdo úsase en combinación con outros inhibidores de fosfatases/proteases para obter un espectro máis amplo de inhibición.[1][2]
O β-glicerofosfato tamén se usa para impulsar a diferenciación osteoxénica de células nais da medula ósea in vitro.[3]
Tamén se utiliza para tamponar o medio M17 para o cultivo das bacterias Lactococcus na expresión de proteínas recombinantes.[4]