Glendale é unha cidade do condado dos Ánxeles (California), nos Estados Unidos. Segundo o censo de 2013, a súa poboación é de 196.021 o que a converte na terceira meirande cidade do condado e a número 22 do estado de California. Glendale limita polo leste con San Fernando Valley, polo noroeste cos barrios de Sun Valley e Tujunga dos Ánxeles; polo nordeste con La Cañada Flintridge e polo oeste con Burbank e Griffith Park.
Glendale ten unha das maiores comunidades de habitantes de orixe armenia de todo o país. No 2013, Glendale foi considerado o barrio dos Ánxeles do Ano polos lectores e editores de Curbed.com.[1]