Giuseppe Aggarbati, nado o 13 de febreiro de 1813 en Civitanova Marche e finado o 24 de maio de 1880, foi un relixioso latino, bispo de Senigallia, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Traxectoria
Naceu o 13 de febreiro de 1813 en Civitanova Marche nunha familia humilde,[1][2] e moi novo, o 26 de marzo de 1828 entrou na Orde de Santo Agostiño, en Tolentino.[2] Ao ano seguinte fixo votos solemnes, e logo de completar a súa formación, o 19 de decembro de 1835 foi ordenado sacerdote.[2] Posteriormente exerceu varios cargos na súa orde, sendo rexente, mestre, prior e provincial. Tamén foi profesor de Filosofía moral na Universidade de Perugia.[2]
Marchou a Roma, onde en 1865 foi nomeado procurador xeral da súa orde.[2] O 22 de febreiro de 1867 foi nomeado bispo de Senigallia por Pío IX.[1][2] Recibiu a consagración episcopal o 10 de marzo, na basílica de Santo Agostiño, de mans do cardeal Costantino Patrizi Naro, e tivo como co-consagrantes a Giuseppe Cardoni e a Francesco Marinelli. Como bispo, foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[3]
Renunciou antes do 29 de abril de 1879. O 12 de maio de 1879 foi nomeado arcebispo titular de Petra in Palaestina. Finou o 24 de maio de 1880, en Civitanova Marche.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Annuario pontificio 1869 (en italiano). Roma: Tipografia della R.C.A. 1869. p. 216.
Sinigaglia, Senogallien. - Stati Pontifici. - Giuseppe Aggarbati, dei Romitani di S. Agostino, n. in Civitanova, arcid. di Fermo, 13 feb. 1813, p. 22 feb. 1867.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Bellone, Bruno (1966). I vescovi dello stato Pontificio al Concilio Vaticano I. Libreria editrice della pontificia Università Lateranense. pp. 131–132. ISBN 9788846503770.
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 3.
Aggabardi, Giuseppe dei Rom. Agostin., Vescovo di Sinigallia.