Gil González Mosquera, nado en Sada e finado no mesmo concello o 5 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
Veciño de Riovao. Auxiliar do Secretario do Xulgado de Sada. Membro da Irmandade da Fala de Sada e despois do Partido Galeguista de Sada, do que foi secretario; foi tamén secretario de propaganda da Alianza de Esquerdas en Sada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi recoñecer os cadáveres de Juan Antonio Suárez Picallo e outros compañeiros o 15 de agosto, quitouse a vida na súa casa de Sada o 5 de setembro con 34 anos.