Germán Fernández Fraga, nado en Vigo, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Foi redactor de Faro de Vigo, publicou algunhas colaboracións en La Zarpa e El Progreso, dirixiu o semanario humorístico Carnaval que apareceu en abril de 1924[1], e desde 1926 foi redactor de El Pueblo Gallego onde publicou colaboracións na páxina "América". Emigrou a Uruguai nos anos vinte, e colaborou en periódicos do Uruguai e a Arxentina como El Diario Español de Buenos Aires e a revista Céltiga. Desde a proclamación da República, fixo unha intensa propaganda antirepublicana na prensa. Foi xerarca da Falange en Montevideo[2]. Colaborou con Manuel Arís Torres no guión da súa película Tierra de nuestros mayores, coprodución do Uruguai e a Arxentina estreada en 1960. Foi presidente do Club Español de Montevideo (1973-1974).[3]
Obras
- Dictaduras y revoluciones. Comentario político, 1930.
- España. Pueblos, caminos, arte y paisaje, 1934.
- España y su rumbo. Recopilación de una tarea sobre la guerra de España, 1939.
- Contra-figura de José Antonio de Aguirre, 1941.
- Casi-conversación con el señor Eduardo Rodríguez Larreta, 1942.
- Romance de las carabelas del aire, 1947.
- Romances del Uruguay y de Ansina, 1948.
- Carta que desea llegar hasta Mr. Harry S. Truman utilizando el correo cierto de la historia, 1952.
- Juana de Ibarbourou, o el milagro del verso, 1959.
- Física espiritual de España. El hombre, el paisaje, la tierra, 1963.
Vida persoal
Casou en Montevideo con María Celina Táboas Fassanor en 1930.[4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas