Gerardo Gasset Neira

Modelo:BiografíaGerardo Gasset Neira
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de maio de 1969 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Vedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, escritor, diplomático Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiEduardo Gasset Chinchilla Editar o valor en Wikidata

BUSC: gasset-neyra-gerardo-1899-1969

Gerardo Gasset Neira, nado na Pobra do Caramiñal en 1899 e finado no pazo de Vistalegre (A Ponte Ulla, Vedra) o 2 de maio en 1969,[1] foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria

Fillo de Eduardo Gasset Chinchilla, vencellado á Torre de Xunqueiras. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na carreira diplomática en 1930 e ocupou postos diplomáticos no Perú e Portugal. Foi crítico do xornal El Imparcial, colaborou en Galicia e despois da guerra civil en El Pueblo Gallego. Como escritor estivo moi influenciado, aínda que dun xeito superficial, por Valle-Inclán.

Obras

  • El impresionable. Novela, 1921.
  • A la deriva. Proceso de una vocación, 1925. Reeditada polo museo Valle-Inclán de Pobra do Caramiñal en 2001.
  • Nuestra Señora de Gundián. Misterio en una jornada y dos cuadros , 1945.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 4-5-1969, p. 20

Véxase tamén

Ligazóns externas