Gerardo Castaño Balado

Modelo:BiografíaGerardo Castaño Balado
Biografía
NacementoPadrón, España Editar o valor en Wikidata
Morteoutubro de 1980 Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante, caricaturista Editar o valor en Wikidata

Tebeosfera: castano_balado_xerardo

Gerardo Castaño Balado, coñecido como Castaño, nado en Padrón e finado no mesmo concello en outubro de 1980, foi un debuxante e caricaturista galego.

Traxectoria

Fillo de Gerardo Castaño Vilanova, secretario do Xulgado de Padrón, e Josefa Balado Alonso. Foi oficial segundo do concello de Padrón até 1923.[1] Amigo da infancia de Manuel Antonio, que foi quen o animou a publicar os seus traballos.[2] Deu a coñecer os seus debuxos humorísticos en Faro de Vigo e Vida Gallega entre 1927 e 1931, e a partir dese ano deixou de publicar. É cualificado como debuxante humorista naif.[3][4] No franquismo escribiu poesía, como o relato en verso "Fun a Leiro c'unha moza".[5]

Notas

  1. Galicia, 25-10-1923, p. 2.
  2. La Noche, 25-2-1958, p. 8.
  3. Vida Gallega, 10-11-1928, p. 10.
  4. La Voz de Galicia, 5-11-1983, p. 32.
  5. La Noche, 21-4-1962, p. 6.

Véxase tamén

Bibliografía