Georgi Nikolaievich Babakin, nado o 14 de novembro de 1914 e finado o 3 de agosto de 1971, foi un enxeñeiro que traballou no programa espacial soviético.[1]
Biografía
Babakin finalizou os estudos na escola de especialistas en radio en 1930, comezando a súa carreira na Comisión Popular de Comunicacións. Entre 1937 e 1943 foi investigador na Academia de Economía da Comunidade e entre 1943 e 1945 traballou en varios institutos de investigación militar. En 1949 comezou a traballar en electrónica de foguetes, chegando a un posto na oficina de deseño de Lavochkin. En 1957 completou a súa educación formal no Instituto Electrotécnico de Comunicacións para Toda a Unión e en 1965 foi nomeado como xefe de deseño na oficina de Lavochkin. Desde ese posto supervisou o deseño, desenvolvemento e produción de varias sondas espaciais, como a Mars 3 (a primeira sonda en poñer un obxecto humano na superficie de Marte), Luna 16 (primeiro retorno automático de mostras lunares), Luna 20 e Venera 7 (primeira aterraxe suave na superficie de Venus). Finou o 3 de agosto de 1971, á edade de 57 anos. En 1973 a Unión Astronáutica Internacional nomeou un cráter[2] no lado oculto da Lúa co seu nome.[1][3][4][5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos