A algaria[1], tamén chamada gato de algaria ou civeta,[2] (Civettictis civetta) é unha especie de mamífero do xénero Viverridae.
Descrición
Teñen un peso medio de entre 11 e 15 kg e unha lonxitude de 100 a 130 cm entre o fociño e o rabo, trátase dun animal robusto de corpo longo e patas relativamente curtas, porén os seus membros posteriores son máis longos e potentes, o pescozo é curto e amplo, o fociño agudo, as orellas pequenas e redondeadas, os ollos pequenos e o rabo longo.
Distribución
Habita a África subhariana agás a maior parte de Somalia, Namibia, Botswana e Suráfrica, é un animal omnívoro e solitario, e coñecido tamén por producir almiscre.
Notas
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-08.
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-08.