Garbancito de la Mancha é unha película de animación española dirixida por Arturo Moreno. Realizada no barrio de Vallcarca de Barcelona, estreouse en 1945 no cine Femina da cidade condal. É a primeira longametraxe de debuxos animados feita en España e a primeira en cor de Europa.[2]
Trátase dunha adaptación do conto do mesmo título escrito por Julián Pemartín.[3]
Sinopse
Garbancito de la Mancha conta a historia de Garbancito, un neno orfo que vive nunha aldea sometido continuamente por tres rapaces: Manazas, Pelanas e Pajarón. Un día, anúnciase a chegada do xigante Caramanca, que devora os nenos crus, e secuestra dous amigos de Garbancito: Kiriqui e Chirili.
Para rescatar os seus amigos, Garbancito contará coa axuda da súa cabrita Peregrina, dunha espada e do poder que lle concede a Fada Madriña. Con esta capacidade, Garbancito poderá converterse en garavanzo sempre que o desexe.
Fito dentro do cine europeo
Garbancito é un fito do cine europeo, porque foi a primeira película de animación en cor rodada fóra dos Estados Unidos, a primeira longametraxe de debuxos animados español e a primeira europea que utilizou a técnica de animación con celuloide. Desta obra só se conservan copias de mala calidade e son.
O 20 de xullo de 2020 deuse a coñecer a compra por parte da Filmoteca Española dunha copia en nitrato da cinta en DufayChrome,[4] para realizar un proxecto de restauración co fin de recuperar a cor orixinal da película e a súa dixitalización para unha posterior exhibición.[5]
Notas
- ↑ Nadal y Rovira, Nuria (2012). "De Garbancito de la Mancha a Los sueños de Tay-Pi. Una aproximación al cine de animación español producido por Balet y Blay" (PDF) (en española). Consultado o 3 de agosto de 2020.
Nun cartel promocional que apareceu na revista Primer Plano indicábase o custo total en 3.809.618 pesetas (PRIMER PLANO, 1945: 2)
- ↑ La Vanguardia Española, Barcelona, páx. 11, 23 de novembro de 1945
- ↑ "«Garbancito de la Mancha», 70 años del primer largo de animación hecho en España". Hoycinema (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 9 de decembro de 2015.
- ↑ Agencia EFE (20 de xullo de 2020). "La histórica animación "Garbancito de la Mancha", con sus colores originales" (en español). Consultado o 3 de agosto de 2020.
a primeira longametraxe de debuxos animados feito en España e o primeiro en cor de Europa, recuperará as súas colores orixinais grazas á Filmoteca Española, que adquiriu un nitrato no sistema de cor co que se rodou, o británico DufayChrome
- ↑ Marcos, Carlos (20 de xullo de 2020). "Encuentran a Garbancito en Nueva York". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2020.
Véxase tamén
Bibliografía
- Bendazzi, Gianalberto. Cartoons. 100 años de cine de animación. Madrid: Ocho y medio, 2003
- Manzanera, Maria. Cine de animación en España – Largometrajes 1945 – 1985. Murcia: Universidade de Murcia, 1992
- Yebenes, Pilar. Cine de animación en España. Barcelona: Ariel, 2002
- Moscardó Guillén, José. El cine de animación en más de 100 largometrajes. Madrid: Alianza Editorial, 1997
Ligazóns externas