Situado a unha altitude entre os 138 e os 540 msnm, o concello ocupa unha superficie de 7,16 km2.
No ano 2017 contaba cunha poboación de 4 024 habitantes (que medrou un 1,13 % con relación a do ano 2012). Polo tanto, no ano citado a súa densidade de poboación era de 562 hab./km2.
Está situada a 45 km ao norte de Montpellier (a capital do departamento), a 60 km ao noroeste de Nîmes, a 50 km ao suroeste de Alès, e a 108 km ao oeste de Avignon.
Historia
A vila de Ganges é moi antiga, xa que se menciona na época galo-romana co nome de Aganticum.
Un forno de cal nas aforas de Ganges cítase nun contrato de asociación para a súa explotación en 1575.[1]
Durante a Revolución Francesa, os cidadáns do pobo reuníronse nunha sociedade revolucionaria, denominada Société populaire républicaine, no ano II.[2]
Galería de imaxes
A igrexa católica.
O templo protestante.
O mercado en 2011.
O río Hérault en Ganges. Tarxeta postal de 1929.
Rue Jeu de Ballon. Tarxeta postal de 1929.
Notas
↑Exploitation d'un four à chaux (1575)Arquivado 14 de agosto de 2014 en Wayback Machine., Livre des sources médiévales. Archives Départementales de l'Hérault, série II E 35/33, minutes de Maître François Martial, folio 146 verso. Acta datada o 3 de maio de 1575.