Dentro da especie recoñécense as seguintes subespecies:[3]
Gallotia galloti galloti (Oudart, 1839) — propia do centro e o sur de Tenerife.
Gallotia galloti eisentrauti Bischoff, 1982 — no norte de Tenerife.
Gallotia galloti insulanagae Martin, 1985 — no macizo de Anaga (Tenerife).
Gallotia galloti palmae (Boetteger & Müller, 1914) — en La Palma.
Hábitat e distribución
Hábitat
Gallotia galloti é común en varios hábitats abertos, rochosos e aebustivos. Asóciase comunmente en paredes de rochas en áreas cultivadas. É máis rara nas zonas boscosas, especialmente na laurisilva. Pódese encontrar até a alta montaña (até os 3 000 m de altura en Tenerife).[1]
Os machos chegan a alcanzar os 30 cm de longo. A longitud de cabeza e tronco, nos machos, alcanza 14,5 cm, e as femias, máis pequenas, só chegan aos 13,32 cm. O colar é liso con bandas escuras. A garganta, negra escura nos machos.[4]
Os machos presentan unha mancha azul na cara (sobre todo na subespecie do norte de Tenerife, G. g. eisentrauti (pero que non teñen os machos da subespecie do sur desta illa, G. g. galloti), que se intensifica na época de celo. As femias e os inmaturos teñen unha coloración máis críptica, existindo polo menos dous patróns diferentes: un con dúas liñas de cor marrón claro no dorso e outro con pequenas pencas, sen liñas diferenciadas. O iris é de cor amarela intensa.
Diferéncianse das outras especies de Gallotia, entre outras cousas, polo número de fileiras lonxitudinais na cara ventral do animal (de 12 a 14 nesta especie).
A época de reprodución comeza en primavera (abril a xuño). O embrión permanece dentro da femia un mes e, despois da posta -en terra- as crías tardan dous meses máis en eclosionar, a finais de agosto-principios de setembro, cando empezan a poder detectarse.
Bischoff, W. (1985): "Die Herpetofauna der Kanarischen Inseln. VI. Die Kanareneidechse Gallotia golloti (Oudart, 1839)". Herpetofauna7 (39): 11-24.
Thorpe, R. S. & Brown, P. R. (1989): "Microgeographic variation in the colour pattern of the lizard Gallotia galloti within the island of Tenerife: distribution, pattern and hypothesis testing". Biological Journal of the Linnean Society38 (4): 303-322.