Galiza Contrainfo
Galiza Contrainfo é un medio de comunicación comunitario galego de contrainformación, alternativo, autoxerido e sen ánimo de lucro cuxos inicios datan de febreiro de 2010,[1][2] aínda que o seu primeiro vídeo é de 2013.[3] Os seus traballos son en formato fotográfico e audiovisual e difúndense principalmente a través das redes sociais, aínda que tamén o fan a través de Nós Televisión. Está centrado na gravación e difusión de acontecementos sociais como manifestacións ou protestas de temática feminista, ecoloxista ou nacionalista galega, así como na análise da situación política do momento. En 2014 conseguiu o Premio Luceira de comunicación social, xunto a Galiza Ano Cero e a revista feminista Andaina.[4] En 2018 produciu o documental Un país de cinzas.[5] Notas
Véxase taménOutros artigosInformation related to Galiza Contrainfo |