Galicia Pintoresca foi unha revista editada en Vilalba entre 1916 e 1918.
Historia e características
Subtitulado Revista pintoresca ilustrada, apareceu en maio de 1916.[1] Estaba dirixida por José Enríquez Chanot. De periodicidade quincenal, contiña información sobre agricultura, turismo, socioloxía, literatura e arte. Tiña enviados en toda Galicia. Entre os seus colaboradores figuraban Juan Fernández Merino e Gustavo Ramudo Lamas. Cesou a súa publicación en 1918.
Notas
- ↑ El Noroeste, 21-5-1916, p. 2
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos