Lanzamento do satélite Galaxy 8I.
Galaxy é o nome duns satélites de comunicacións operados inicialmente pola empresa estadounidense Hughes Communications, Inc . Trátase de satélites en órbita xeoestacionaria cuxo primeiro membro foi lanzado en 1983. AÃnda que pertencentes a unha mesma empresa e a ter unha mesma función, os satélites Echostar mostran unha variedade de modelos e diversos vehÃculos para ser postos en órbita.[ 1]
Galaxy 1, 1R, 1R2, 2, 3, 5, 6 e 9
Os primeiros satélites Galaxy usaban o bus HS-376 (tamén denominado BSS-376 ). Foron lanzados entre 1983 e 1996 e aÃnda que orixinalmente eran propiedade de Hughes foron transferidos a PanAmSat Corporation en maio de 1997. Tiñan unha masa duns 1200 kg e forma cilÃndrica , estabilizábanse mediante xiro e contaban con ata 30 transpondedores de banda C a bordo.[ 2]
Galaxy 10
O Galaxy 10 usaba o bus HS-601 (ou BSS-601 ) e estarÃa estabilizado nos tres eixos. TerÃa contado con 24 transpondedores en banda C e 24 en banda Ku . Foi lanzado o 27 de agosto de 1998, pero non chegou a órbita polo fallo do foguete lanzador.[ 3]
Galaxy 11
O Galaxy 11 foi o primeiro en usar o bus HS-702 (ou BSS-702 ). Foi lanzado o 22 de decembro de 1999 mediante un foguete Ariane 4 . Levaba 64 transpondedores a bordo: 24 en banda C e 40 en banda Ku. Tiña unha masa de 4477 kg e estabilizábase nos tres eixos. Os seus paneis solares producÃan ata 10 kW de potencia , dando servizo a Norteamérica e o Brasil .[ 4]
Galaxy 12, 14 e 15
Os Galaxy 12, 14 e 15 son construÃdos pola empresa Orbital e teñen entre 20 e 24 transpondedores en banda C a bordo. Os dous primeiros foron lanzados en 2003 e 2005, mentres que o pedido Galaxy 15 foi modificado para ser construÃdo como outro tipo de satélite.[ 5]
Galaxy 13 (Horizons 1)
Galaxy 13 usa o bus HS-601 (BSS-601 ) e foi construÃdo por encargo de PanAmSat e JSAT nunha iniciativa conxunta. Foi lanzado o 30 de setembro de 2003 mediante un foguete Zenit 3SL . Dá cobertura a norteamérica, Porto Rico , Alasca , Hawai e México . Leva a bordo 48 transpondedores, 24 en banda C e 24 en banda Ku.[ 6]
Galaxy 15
Galaxy 15 usa o bus Star 2 da empresa Orbita. Foi lanzado o 13 de outubro de 2005 mediante un foguete Ariane 5 e leva a bordo transpondedores en banda C e banda L . Ademais proporciona sinais do sistema GPS . En 2010 o satélite deixou de responder aos comandos enviados desde terra, aÃnda que seguÃa transmitindo a través dos seus transpondedores. En decembro de 2010, despois de moverse da súa órbita orixinal, as baterÃas do satélite esgotáronse, os sistemas se reiniciaron e puido retomarse de novo o control.[ 7]
Galaxy 16 e 18
Ambos levan a bordo 24 transpondedores de banda C e 24 de banda Ku. Os dous usan o bus SSL-1300 , estabilÃzanse nos tres eixos e teñen unha esperanza de vida de 15 anos. Teñen unha masa duns 4640 kg. Galaxy 16 foi lanzado o 18 de xuño de 2006 e Galaxy 18 o 21 de maio de 2008, ambos mediante foguetes Zenit 3SL.[ 8]
Galaxy 17
Galaxy 17 é o primeiro satélite Galaxy encargado a unha empresa europea, Alcatel Alenia Space . Usa o bus Spacebus 3000B3 e ten 24 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Cunha masa de 4100 kg, ten unha esperanza de vida de 15 anos e os seus paneis solares poden producir 9,5 kW de potencia. Foi lanzado o 4 de maio de 2007 mediante un Ariane 5.[ 9]
Galaxy 19
Galaxy 19 foi construÃdo por Space Systems Loral para Intelsat . Orixinalmente denominado Intelsat Americas-9 , o seu nome foi cambiado a Galaxy 19. Usa o bus SSL-1300 e ten 28 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Ten unha masa de 4692 kg, unha esperanza de vida de 13 anos e foi lanzado o 24 de setembro de 2008 mediante un Zenit 3SL.[ 9]
Galaxy 30
Galaxy 30 usa o bus GEOStar 2 e pertence a Intelsat. Leva a bordo transpondedores de banda Ku, banda C e banda L. Ten unha masa de 3325 kg, unha esperanza de vida de 15 anos e foi lanzado o 15 de agosto de 2020 mediante un foguete Ariane 5.[ 10]
Galaxy 3C
Galaxy 3C comezou sendo propiedade de PanAmSat para posteriormente pasar a ser de Intelsat. Leva a bordo 53 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Ten unha masa de 4810 kg, unha esperanza de vida de 15 anos e foi lanzado o 15 de xuño de 2002.[ 11]
Galaxy 3R (Anik E2R)
Galaxy 3R usa o bus HS-601, comezou sendo propiedade de PanAmSat e logo o foi de Telesat . Leva a bordo 24 transpondedores de banda Ku e 24 de banda C. Ten unha masa de 3069 kg, unha esperanza de vida mÃnima de 8 anos e foi lanzado o 15 de decembro de 1995 para substituÃr a Galaxy 3. O satélite sufriu un problema nos seus procesadores que levou a retiralo en xaneiro de 2006.[ 12]
Galaxy 4 e 7
Galaxy 4 e 7 foron lanzados para dar cobertura total á parte continental dos Estados Unidos e á zona do Caribe mediante sinais en banda C e Ku. Ambos foron lanzados mediante Ariane 4, o Galaxy 4 o 25 de xuño de 1993 e o Galaxy 7 o 28 de outubro de 1992. Ambos usaban o bus HS-601 . O Galaxy 4 quedou prematuramente fóra de servizo o 19 de maio de 1998 por un fallo dos seus procesadores. O 13 de xuño de 1998 o Galaxy 7 tivo tamén problemas no seu procesador principal, cambiando ao procesador de apoio automaticamente. Estivo funcionando ata o 22 de novembro de 2000 en que o fallo do segundo procesador deixou o satélite inservible.[ 13]
Galaxy 4R e 10R
Galaxy 4R e 10R usan o bus HS-601HP, unha variante de alta potencia do bus HS-601. Ambos foron lanzados mediante foguetes Ariane 4, o Galaxy 4R o 19 de abril de 2000 e o Galaxy 10R o 25 de xaneiro dese mesmo ano. Galaxy 4R foi retirado do servizo en abril de 2009.[ 14]
Galaxy 8i e 8iR
Galaxy 8i e 8iR usan tamén o bus HS-601HP. Galaxy 8iR foi cancelado, mentres que Galaxy 8i foi lanzado mediante un Atlas IIAS o 8 de decembro de 1997. Os seus paneis solares xeran 10 kW de potencia e leva a bordo 32 transpondedores en banda Ku. Foi retirado do servizo en febreiro de 2004.[ 15]
Galaxy 33 e 34
Os satélites Galaxy 33 e 34 usan o bus GEOStar 3 e ambos foron lanzados a bordo dun Falcon 9 o 8 de outubro de 2022. Levan unicamente transpondedores en banda C e son propiedade de Intelsat. Foron construÃdos por Northrop Grumman Innovation Systems (anteriormente Orbital ATK ) e cada un ten unha masa de 3654 kg, cunha vida prevista de 15 anos.[ 16]
Galaxy 31, 32, 35 e 36
Son satélites de comunicación exclusivamente en banda C propiedade de Intelsat. Úsanse principalmente para transmisións televisivas. ConstruÃdos por Maxar, usan o bus SSL-1300.[ 17]
Galaxy 37 (Horizon 4)
O Galaxy 37, que leva a bordo a carga útil Horizon 4 , funciona en banda C, é propiedade de Intelsat e usa o bus SSL-1300. Foi lanzado o 3 de agosto de 2023 mediante un Falcon 9.[ 18]
Historial de lanzamentos
Misión[ 1]
Data de lanzamento[ 1]
Foguete lanzador[ 1]
Notas[ 1]
Galaxy 1
28 de xuño de 1983
Delta 3920 PAM-D
Éxito
Galaxy 2
22 de setembro de 1983
Delta 3920 PAM-D
Éxito
Galaxy 3
21 de setembro de 1984
Delta 3920 PAM-D
Éxito
Galaxy 6
12 de outubro de 1990
Ariane 4
Éxito
Galaxy 5
14 de marzo de 1992
Atlas I
Éxito
Galaxy 1R
22 de agosto de 1992
Atlas I
Fallo do lanzador.
Galaxy 7
28 de outubro de 1992
Ariane 4
Éxito
Galaxy 4
25 de xuño de 1993
Ariane 4
Éxito
Galaxy 1R2
19 de febreiro de 1994
Delta 7925
Éxito
Galaxy 3R
15 de decembro de 1995
Atlas IIA
Éxito
Galaxy 9
24 de maio de 1996
Delta 7925
Éxito
Galaxy 8i
8 de decembro de 1997
Atlas IIAS
Éxito
Galaxy 10
27 de agosto de 1998
Delta 8930
Fallo do foguete lanzador.
Galaxy 11
22 de decembro de 1999
Ariane 4
Éxito
Galaxy 10R
25 de xaneiro de 2000
Ariane 4
Éxito
Galaxy 4R
19 de abril de 2000
Ariane 4
Éxito
Galaxy 3C
15 de xuño de 2002
Zenit 3SL
Éxito
Galaxy 12
9 de abril de 2003
Ariane 5
Éxito
Galaxy 13
1 de outubro de 2003
Zenit 3SL
Éxito
Galaxy 14
13 de agosto de 2005
Soiuz-FG Frega
Éxito
Galaxy 15
13 de outubro de 2005
Ariane 5
Éxito
Galaxy 16
18 de xuño de 2006
Zenit 3SL
Éxito
Galaxy 17
4 de maio de 2007
Ariane 5
Éxito
Galaxy 18
21 de maio de 2008
Zenit 3SL
Éxito
Galaxy 19
24 de setembro de 2008
Zenit 3SL
Éxito
Galaxy 33
8 de outubro de 2022
Falcon 9
Éxito
Galaxy 34
8 de outubro de 2022
Falcon 9
Éxito
Galaxy 31
12 de novembro de 2022
Falcon 9
Éxito
Galaxy 32
12 de novembro de 2022
Falcon 9
Éxito
Galaxy 35
13 de decembro de 2022
Ariane 5
Éxito
Galaxy 36
13 de decembro de 2022
Ariane 5
Éxito
Galaxy 37
3 de agosto de 2023
Falcon 9
Éxito
Notas
↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "Galaxy" (en inglés) . Consultado o 17 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 1, 1R, 1R2, 2, 3, 5, 6, 9" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 10" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 11" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 12, 14, 15" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 13 / Horizons 1" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 15" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 16, 18" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ 9,0 9,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 17" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 30" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 3C" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 3R / Anik E2R" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 4, 7 / HGS 4" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 4R, 10R" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 8i, 8iR" (en inglés) . Consultado o 18 de abril de 2020 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 33, 34" (en inglés) . Consultado o 13 de outubro de 2022 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 31, 32, 35, 36" (en inglés) . Consultado o 14 de novembro de 2022 .
↑ Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Galaxy 37 / Horizons 4" (en inglés) . Consultado o 9 de agosto de 2023 .
Véxase tamén
Outros artigos