No tratamento mecanocuántico das moléculas, xeralmente é necesario expresar as solucións con combinación lineal de funcións monoelectrónicas centradas nos núcleos atómicos dos átomos constituíntes da molécula. Estas funcións chámanse "orbitais atómicos" aínda que non sexan solucións da ecuación de Schrödinger para eses átomos (se se tomasen isoladamente). Este método recibe o nome de orbitais moleculares por combinación lineal de orbitais atómicos (método OM-CLOA).
Os orbitais usados no método OM-CLOA usualmente decrecen exponencialmente a partir do centro atómico (compoñente radial na forma r=e-kx), e reciben o nome de orbitais de tipo Slater, ou ben decrecen como unha campá de Gauss (compoñente radial na forma r=e-kx²), e entón chámanse orbitais gaussianos, aínda que se usaron outras formas dos orbitais de tipo s, p, d, f).