A gaivota das pradarías,[2] ás veces gaivota de Franklin[3][4] (Leucophaeus pipixcan) é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características
Os individuos desta especie tardan dous anos en acadar a plumaxe de adultos.[5] Ten tamaño semellante á gaivota chorona[5]. É moi semellante á gaivota chorona americana, mais a gaivota das pradarías é máis pequena, coa forma corporal máis compacta e o peteiro máis pequeno e máis avermellado[5]. Nos adultos e en voo, a gaivota das pradarías presenta as ás e a cola cun gris máis claro. Ademais, presenta unha pequena franxa branca que separa a punta das ás negras do resto, de ton agrisado[5].
Distribución
Cría nas marismas da Norteamérica occidental[6]. Dende os grandes lagos ata a costa do pacífico. Migra polo centro dos Estados Unidos e o norte de México ata a costa pacífica de Suramérica.[6] Inverna entre Panamá e o sur de Chile. É a divagante máis rara en Europa, sobre todo atópase nas Illas Británicas.[6] As citas da Península Ibérica redúcesen a algún avistamento puntual e en anos concretos.[6]