Gabriel Veiga Novas, nado no Porriño o 27 de maio de 2002, coñecido coma Gabri Veiga, é un xogador galego que xoga no club saudí Al-Ahli.[1].
Traxectoria
Comezou a súa carreira profesional nos equipos filiais do Celta de Vigo. O 25 de agosto de 2019 debutou co Celta B na Segunda División B nun partido contra o Internacional de Madrid, encontro que rematou en empate. O primeiro gol anotouno o 1 de decembro de 2019 fronte ao Atlético Baleares, nun encontro que rematou con derrota celeste por 1 a 6.
O 19 de setembro de 2020 debutou na Primeira División co primeiro equipo de Celta de Vigo, entrando coma substituto de Renato Tapia nunha vitoria por 2 a 1 fronte ao Valencia CF. O seu primeiro partido coma titular foi o 1 de outubro de 2020 fronte o FC Barcelona, que rematou en derrota por 0 a 3.
A súa axencia de representación é Intermedia Sport Player.
Estatísticas
Clubs
Actualizado co derradeiro partido disputado o 21 de maio de 2022 .[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos