Gómez Pérez das Mariñas II

Modelo:BiografíaGómez Pérez das Mariñas II
Biografía
MorteDesp. 1489
Familia
PaisFernán Pérez Parragués Editar o valor en Wikidata  e Constanza das Mariñas Editar o valor en Wikidata

Gómez Pérez das Mariñas II foi un nobre galego de finais do século XV, fillo de Fernán Pérez Parragués, señor da Póboa de Parga, e de Constanza das Mariñas, señora de Bergantiños. Era neto por parte materna do primeiro Gómez Pérez das Mariñas I, que loitara contra os irmandiños e o arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca. Da súa nai herdou a torre de Cillobre.

Foi abade do mosteiro de San Salvador de Bergondo e tomou posesión da sinecura de Vilaño en 1489. Esta é a última referencia documental que se posúe deste personaxe.

Véxase tamén

Ligazóns externas