Félix Barros, nado en Vilagarcía de Arousa en 1908 e finado na República Dominicana, foi un comerciante e político galego.[1]
Traxectoria
Dono dunha tenda de roupa e tecidos en Vilagarcía de Arousa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado en Lobeira. Logrou marchar a Casablanca desde onde chegou a Francia e de alí pasou a Barcelona para loitar no bando leal. No porto de Barcelona dirixiu o traslado de barcos cargados con bombas de profundidade ao porto de Rosas e evacuou colonias de escolares. Coa derrota republicana pasou a Francia, onde estivo en dous campos de concentración. Exiliouse na República Dominicana, onde creou a empresa Mercantil Antillana C por A.
Vida persoal
Casou na República Dominicana con Teresa Tei e foi pai de Félix Juan, Juan Antonio, Eduardo e María Teresa Barros Tei.[2]
Notas