Fyre: The Greatest Party That Never Happened é un filme documental estadounidense de 2019 dirixido por Chris Smith. O filme conta a historia de Billy McFarland e o fracaso do Fyre Festival de 2017. Foi producido por Mick Purzycki e estreouse a través de Netflix o 18 de xaneiro de 2019.[1]
Produción
O filme foi coproducido por Jerry Media, a axencia de redes sociais encargada de promocionar o Fyre Festival e encubrir a fraude, e MATTE Projects, a produtora que dirixiu a rodaxe promocional do Festival Fyre.[2][3][4][5] Jerry Media achegouse a VICE coa idea dun documental tres meses despois dos eventos.[6] De acordo con Netflix, o documental foi idea do seu director, Smith.[7]
Notas