O fuselo de rabo negro,[2] ás veces mazarico rabinegro[3][4][5] (Limosa limosa) é unha ave limícola.
Descrición
Os adultos teñen as patas azul grisallas e un longo peteiro. As plumas do peito son castañas, a cola negra cunha banda negra no remate; no verán as plumas do peito vólvense grisallas. Miden 41 cm (un pouco máis grande que o mazarico rubio, ó que se asemella). Aniña no chan en pradeiras húmidas e en illós de Europa e Asia. Pon de 3 a 6 ovos. Aliméntase de insectos, crustáceos e plantas acuáticas.
↑Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de acuicultura. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN84-453-3316-X.
↑Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN978-84-96128-69-9.