Fuga mortal (en inglés: Joshua Tree, ou tamén co título Army of One) é un filme estadounidense de 1993 dirixido por Vic Armstrong, escrito por Steven Pressfield e protagonizado por Dolph Lundgren, Kristian Alfonso e George Segal. A maior parte do filme foi rodado nos Ánxeles, Lone Pine, Agua Dulce e no Parque Nacional de Joshua Tree, en California.
Sinopse
O expiloto de carreiras Santee gaña cartos traficando con coches de luxo roubados. Cando el e o seu compañeiro Eddie son detidos nunha das operacións de transporte, a situación escapa do seu control. Prodúcese un tiroteo, no cal tanto Eddie como o policía son asasinados.
Personaxes