Froyla Tzalam, nada en San Antonio, Distrito de Toledo, é unha antropóloga e líder comunitaria belizense, da etnia mopán, gobernadora xeral de Belize dende o 27 de maio de 2021.
Traxectoria
Naceu en San Antonio, Toledo. Estudou antropoloxía na Universidade Trinity de Texas e realizou un mestrado en desenvolvemento rural na Universidade de Sussex.[1] Foi directora executiva do Sarstoon Temash Institute for Indigenous Management (SATIIM).[2] Tzalam foi preseleccionada para un nomeamento ao Senado de Belize en xaneiro de 2017, pero rexeitou o nomeamento para centrarse no seu traballo no SATIIM.[3]
O 22 de abril de 2021 o primeiro ministro de Belize, Johnny Briceño, nomeouna Gobernadora Xeral de Belize trala retirada de Colville Young.[4] É a terceira gobernadora xeral e a segunda muller designada para o posto, así como a primeira gobernadora xeral indíxena americana da Commonwealth.
Notas