Friedrich Boie, nado o 3 de marzo de 1870 en Meldorf, Ducado de Holstein, Sacro Imperio Romano Xermánico, e finado o 3 de marzo de 1870 en Kiel, Reino de Prusia, foi un zoólogo especializado en entomoloxía, herpetoloxía e ornitoloxía, e xurista alemán.[1]
Traxectoria
Friedrich Boie era fillo de Heinrich Christian Boie, escritor alemán que estudou dereito na Universidade de Jena, e que viviu en Gotinga, e irmán de Heinrich Boie, zoólogo.
Friedrich Boie describiu varios xéneros e especies de aves como Athene, Chrysococcyx, Cyanocorax, Glaucis, Pericrocotus e Progne, entre outros.
Ademais, co seu irmán Heinrich, traballando jxuntos, describiron ao redor de 50 novas especies de réptiles.[2]
En 1860 Friedrich Boie foi elixido membro da sección de zooloxía da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.[3]
Principais obras
1826. "Generalübersicht der ornithologischen Ordnungen, Familien und Gattungen" Isis, oder Encyclopädische Zeitung von Oken '19: 969–981. Ler en liña.
1827. "Bemerkungen über Merrem’s Versuch eines Systems der Amphibien". Marburg, 1820. 1te Lieferung, Ophidier. Isis von Oken 20 (6): 508–566. Ler en liña.
1828. "Über eine noch nicht beschriebene Art von Cordylus Gronov. Cordylus cataphractu Boie". Nova acta physico-medica Academiae Caesareae Leopoldino-Carolinae Naturae Curiosum 14 (1): 139–142.
Boie, F. 1828. Bemerkungen über mehrere neue Vogelgattungen. Isis, oder Encyclopädische Zeitung von Oken 21 col. 312–329. Ler en liña.
1838. "Zur Verwandlungsgeschichte inländischer Zweiflügler". Naturhistorisk Tidsskrift 2: 234–248. Ler en liña.
Abreviatura
A abreviatura F. Boie emprégase para recoñecer a Friedrich Boie como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Karl August Möbius (1870): "Friedrich Boie † Nekrolog". En: J. für Ornithologie 18 (3): 231-233. Ler en liña.