William Frederick Durst, nado en Jacksonville (Florida) o 20 de agosto de 1970, é un músico e director de cine estadounidense. Durst é coñecido sobre todo por ser o vocalista da banda de nu metal Limp Bizkit, formada en 1994, coa cal leva publicados seis álbums de estudio.
Dende o ano 2006, Durst tamén vén sendo coñecido polo seu traballo en filmes independentes. Coprotagonizou a película Population 436, e estreouse como director en 2007 co filme The Education of Charlie Banks. Durst dirixiu un segundo filme, The Longshots, en 2008.
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Álbums en directo | |
---|
Sinxelos | |
---|
Cancións | |
---|