"Freak Scene" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., editado como sinxelo do seu terceiro álbum, Bug, en setembro de 1988. Foi composta e producida polo líder do grupo J Mascis, e gravárona nos Fort Apache Studios Paul Q. Kolderie e Sean Slade. A banda realizou un vídeo musical do tema para promocionar o sinxelo.
"Freak Scene" está considerada unha das mellores cancións de Dinosaur Jr. Na súa recensión de Bug, Stephen Thomas Erlewine de Allmusic dixo que a canción era "a peza mestra do disco, ...unha sorprendente canción pegadiza que encapsula o atractivo e as dificultades do indie rock en tres minutos". Jess Harvell de Pitchfork Media cre que "Freak Scene é probablemente a mellor interpretación de guitarra do indie rock e a mellor canción pop da banda". O sinxelo acadou o número 7 na lista Indie Chart británica, onde pasou 12 semanas.
Listaxe de cancións
Os dous temas foron compostos por J Mascis.
- 7" SST 220
- "Freak Scene" – 3:35
- "Keep the Glove" – 2:52
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Sinxelos | |
---|
Artigos relacionados | |
---|