Francisco Souza Fernández, coñecido como Paco Mayo, nado na Coruña o 12 de agosto de 1911 e finado en México o 26 de setembro de 1949, foi un fotógrafo galego.
Traxectoria
Fillo de Rodrigo Souza Losada, dono do taller de estuco e escultura Talleres Souza. En 1928 a familia Souza trasládase a Madrid. Francisco alístase como fotógrafo en aviación. Estuda fotografía aérea en Xetafe e se destínano a Cabo Jubi como sarxento fotógrafo. Coa proclamación de República volve a Madrid e traballa para os periódicos Estampa, Diario de Información, Diario de Madrid e Claridades. En 1934 creou en Madrid a axencia gráfica Foto Mayo, tendo como asistente ao seu irmán Julio Souza Fernández. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integráronse na axencia o fotógrafo Castillo Cubillo e Cándido Souza Fernández. Coa derrota da República exiliáronse en México. Francisco chegou a Veracruz no Sinaia o 13 de xuño de 1939. En México continuaron a súa actividade nos xornais El Popular e La Prensa. Francisco foi nomeado fotógrafo oficial do presidente Lázaro Cárdenas. Dedicouse á fotogrametría aérea e faleceu cando o avión no que viaxaba se estrelou no volcán Popocatépetl en setembro de 1949.
Recoñecementos
- Premio Nacional de Periodismo de México, 1947.
- Premio a la Trayectoria Periodística, 2007.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas