Francisco Soliño Pintos, nado en Pontevedra o 13 de marzo de 1893,[1] foi un mestre, avogado e político galego.
Traxectoria
Dirixiu o semanario La Causa. Foi nomeado presidente da Federación Agrícola Provincial de Pontevedra en marzo de 1913. Foi mestre en Santa Cristina de Cobres, de onde foi separado do servizo por un ano en 1925. Pasou despois a exercer en Alcabre en 1929. Na República formou parte da Xunta directiva da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo, e militou no Partido Republicano Radical Socialista, do que foi elixido representante de Vigo no comité provincial en 1932. En decembro de 1934 foi nomeado secretario de Unión Republicana de Pontevedra.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. En 1940 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[3] No franquismo exerceu como avogado en Vigo.
Vida persoal
Casou en Mourente con Peregrina Santos Montes en outubro de 1913.[4]
Notas
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 30.
- ↑ La Voz de Galicia, 25-12-1934, p. 9.
- ↑ El Compostelano, 2-4-1940, p. 2.
- ↑ El Progreso, 21-10-1913, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía