La Causa

La Causa

Editar o valor en Wikidata
Fundación1913
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
Descrito porEnciclopedia Galega Universal, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Diccionario da literatura galega
Na rede
Galiciana: 3915
editar datos en Wikidata ]

La Causa foi un periódico aparecido en Pontevedra en 1913.

Características

Subtitulado Órgano de la Federación Agrícola de Pontevedra y defensor de los trabajadores del campo y del obrero en general, apareceu o 1 de marzo de 1913 con carácter semanal. Dirixido por Francisco Soliño, a súa liña editorial enmarcouse na propaganda agraria. Incluía temas como a eliminación do sistema foral ou a loita anticaciquil. Tamén apareceron nas súas páxinas algúns poemas escritos en galego. Polemizou con La Tierra. Deixou de publicarse co número 15, o 23 de xuño de 1913.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos