Francisco Reboredo

Modelo:BiografíaFrancisco Reboredo
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1973 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1932–1947   Deportivo da Coruña 259(14)
1933–1933 cesión Club Coruña
1937–1939 cesión   FC Porto 41(14)
1947–1948 Club Santiago 13(8)
1948–1949   Club Deportivo Xuvenil
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1948–1948 Club Santiago
1949–1950 Sport Clube Vila Real
1950–1950   FC Porto
1952–1953 Deportivo Vasco
1961–1961   FC Porto
1962–1963 Vitória Futebol Clube
1962–1962   FC Porto
1964–1964   Sporting CP Editar o valor en Wikidata

Francisco Reboredo Mosquera, nado en Buenos Aires o 3 de setembro de 1914 e finado o 22 de xaneiro de 1973 , foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino, de orixe galega.

Criado na Coruña foi un dos futbolistas máis destacados do Deportivo da Coruña nas décadas de 1930 e 1940, disputando un total de 259 encontros oficiais co club e participando nos dous primeiros ascensos deste á máxima categoría. Durante a Guerra Civil xogou no FC Porto, co que gañou un título de Primeira División e outro do Campionato de Portugal (actual Copa de Portugal).

A súa posición natural era a de centrocampista na banda esquerda, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar case en calquera posición dende a defensa ata a dianteira.[1] Tras a súa retirada dedicouse á labor de adestrador, principalmente en Portugal, onde adestrou entre outros o Porto e o Sporting de Lisboa.

Era irmán do tamén futbolista Manuel Reboredo, que chegou a xogar no Celta de Vigo.

Traxectoria

Naceu en Buenos Aires, fillo de emigrantes galegos, e con sete anos instalouse na Coruña.[2] Comezou a xogar ao fútbol no Hércules coruñés e en 1932 ingresou no Deportivo da Coruña.[3][1] Foi asignado inicialmente ao equipo reserva, xunto a xogadores como Ferrón, Obanza ou Bebel. En xaneiro de 1933 foi cedido durante uns meses ao Club Coruña.[4]

De regreso no Deportivo subiu ao equipo titular despois da retirada de Fariña.[1][2] Xogou durante tres anos co equipo na Segunda División, compartindo medio do campo entre outros con Lelé, Cela e Triana.

Durante a Guerra Civil aproveitou o seu pasaporte arxentino para saír do país, xogando como cedido no Porto.[5] Militou no equipo portugués nas tempadas 1936/37, 1937/38 e 1938/39, xogando como dianteiro centro e conquistando un título de Primeira División e outro do Campionato de Portugal (actual Copa de Portugal).[1]

En 1939 regresou á Coruña e á liña media do campo, pasando a ocupar a parte esquerda deste. Formou parte do equipo do Deportivo da Coruña que no ano 1941 ascendeu a Primeira División por primeira vez na súa historia, tras derrotar ao Murcia. Xogou os catro seguintes anos en Primeira, perdendo a categoría na tempada 1944/45. A continuación participou nun novo ascenso antes de volver a caer a Segunda ao ano seguinte. O 6 de abril de 1947 disputou o seu 259º e último encontro co Deportivo, nun derbi fronte ao Celta de Vigo en Balaídos.

En decembro de 1947 fichou polo Club Santiago, onde coincidiu con xogadores como Padrón ou os ex deportivistas Breijo e López Vázquez.[6] Dende maio de 1948 foi ademais adestrador do equipo.[7] En novembro deixou Santiago e fichou polo Xuvenil, na Terceira División.[8] Millitou dúas tempadas no club coruñés, compartindo equipo con futbolistas como Otero, Docampo, Maristany, Lechuga, Rábade ou Juananco, ata a súa retirada en 1949.

Tras colgar as botas marchou a Portugal, onde dirixiu primeiramente ao Sport Clube Vila Real na Segunda División.[9] En abril de 1950 colleu as rendas do FC Porto, despois da dimisión de Augusto Silva.[10] Pouco despois partiu para Venezuela, onde pasou case ano e medio e exerceu como adestrador do Deportivo Vasco.[11] De volta en Portugal foi durante anos segundo adestrador do Porto, e en xaneiro de 1962 púxose de novo á fronte do equipo, co que acabou subcampión de liga a dous puntos do Sporting. Adestrou tamén o Vitória de Setúbal e o Salgueiros.[12] En 1964 adestrou brevemente o Sporting de Portugal.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Francisco Reboredo Mosquera". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 1943. p. 4. 
  2. 2,0 2,1 "Francisco Reboredo, sirve al Deportivo desde hace 13 años". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1944. p. 6. 
  3. "Los partidos del domingo". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 1933. p. 4. 
  4. "Hoy, a las tres de la tarde, se jugará en Riazor un partido de fútbol entre el Coruña y el Ferrolán". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xaneiro de 1933. p. 7. 
  5. Corcuera, José Ignacio. "Los otros extranjeros" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2021. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  6. "Ante el Santiago, el Deportivo Juvenil disputará dos valiosos puntos". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xaneiro de 1948. p. 5. 
  7. "Breve noticiario deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 1948. p. 2. 
  8. "Reboredo, al Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de novembro de 1948. p. 5. 
  9. "Reboredo, entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de agosto de 1949. p. 5. 
  10. "Reboredo, entrenador deI Oporto". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de abril de 1950. p. 5. 
  11. "Reboredo triunfó como entrenador en Venezuela". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xaneiro de 1953. p. 5. 
  12. "Francisco Reboredo nos habla del Vitoria Futebol Clube". La Noche (en castelán). 28 de agosto de 1965. p. 5. Consultado o 11 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas