Francisco Javier Quintas Ferreño, nado en Tui en 1979, é un docente e historiador galego.
Traxectoria
Licenciado en Humanidades, mestrado en Tic aplicadas a Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e en Investigación Psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares pola Universidade de Vigo. É profesor de educación secundaria. Investigador e Delegado da Fundación Luís Tilve en Ourense, é membro do consello de redacción da revista institucional Claridade. Estuda os movementos sociais e obreiros na provincia de Ourense. Entre os anos 2018 e 2019 foi Secretario Provincial de Memoria Histórica do PSdeG-PSOE de Ourense.
Obras
- Historia do movemento obreiro socialista en Ourense (1895-1936), 2012.
- A barbarie silenciada: Amoeiro 1936, 2014.
- Juan Sieiro González: Educador krausista, heterodoxo, masón, 2016.
- Lembranza a Secundino Couto Solla: o alcalde republicano-socialista de Canedo, 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas