Francisco "Patxi" Gamborena Hernandorena, nado en Irún (Guipúscoa) o 14 de marzo de 1901 e finado en Donostia o 30 de xullo de 1982, foi un futbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
Como xogador
Toda a súa carreira futbolística transcorreu no Real Unión de Irún, en cuxas categorías inferiores entrou en 1915, en 1921 xa se asenta no once titular do primeiro equipo e non o deixará ata 1934, anos nos que gañou dúas Copas do Rei (en 1924 e 1927).
Co club irundarra viviu o debut na recentemente creada Primeira División e o descenso a Segunda División anos despois.
Coa selección de fútbol
Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de España, coa que participou nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928, disputando un total de 20 encontros. Debutou co combinado o 7 de outubro de 1921.
Como adestrador
Unha vez retirado do fútbol en activo dirixiu como adestrador a varios equipos, debutou trala guerra civil, en 1939, no Hércules CF pero só durou unha tempada. Posteriormente dirixiu á Real Sociedad (1941/42) e ao Real Oviedo (1947/48).
Véxase tamén
Ligazóns externas