Francisco Fumega

Modelo:BiografíaFrancisco Fumega

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde do Carballiño
2015 –
← Argimiro Marnotes Fernández Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

BNE: XX936846 BUSC: fumega-pineiro-francisco-xose-1961 Dialnet: 808832

Francisco Xosé Fumega Piñeiro, nado no Carballiño en 1961, é un político galego do PSdeG-PSOE e dende 2015, alcalde do concello do Carballiño.

Traxectoria

Foi delegado da Consellería de Medio Ambiente na provincia de Ourense (2007-2009). Trala renuncia de Carlos Montes Marqués a presentarse á reelección nas municipais de 2011, encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE no Carballiño, se ben non logrou a alcaldía tras conseguir o PPdeG a maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2015 foi de novo o candidato candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía do Carballiño e foi elixido alcalde por maioría simple[1], gobernando en minoría. Nas municipais de 2019 volveu repetir como cabeza de lista do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 volveu ser elixido alcalde, nesta ocasión por maioría simple[2].

Na década de 2010 foi profesor na Escola Superior Gallaecia de Arquitectura.[3]


Predecesor:
Argimiro Marnotes Fernández
 
Alcalde do Carballiño
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Obras

  • Dinámica espacial en la tierra de O Carballiño, 1996.
  • As fábricas de papel na comarca do Carballiño, 2010.
  • A electrificación do noroeste ourensán. Un modelo paradigmático de difusión da electricidade en Galicia, 2015 (con Xosé Luis Sobrado).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas