Francisco Javier Calvo del Olmo, coñecido literariamente[1] como Francisco Coimbra, nado en Madrid en 1986, é un escritor español en lingua galega.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid, doutorouse posteriormente en Tradución pola Universidade Federal de Santa Catarina[2]. Ademais fixo estadías de investigación en Pisa e Montpellier. Foi profesor de lingua española na Universidade Federal do Paraná, en Curitiba. Dende 2022 vive en Múnic, Baviera (Alemaña), e continúa a ensinar as linguas románicas na Ludwig-Maximilians-Universität.[3]
Como investigador ten publicado artigos sobre lingüística ou estudos culturais en publicacións internacionais.
Durante a súa mocidade viviu un tempo en Santiago de Compostela e Ourense.
Obra
Como investigador
- De la creación de «vuestra merced» a la desaparición de «tú»: Un estudio contrastivo de los pronombres de tratamiento en las lenguas iberorrománicas (2012). Editorial Académica Española.
- Línguas em português: a Lusofonía numa visão crítica (2020). U. Porto-Press.
- Português língua não materna: contextos, estatutos e práticas de ensino numa visão crítica (2022). U. Porto-Press.
Notas