Francisco Brives, nome artístico de Francisco Palacio Edreira, nado na Coruña en 1970, é un actor, artista audiovisual e escritor galego en lingua galega e castelá.
Traxectoria
Está vinculado coa escena teatral dende moi novo. É o fundador da Asociación cultural Catrabucha. Como actor de teatro, chegou a Madrid da man da compañía "Cuarta Pared".
Colabora de xeito esporádico en diferentes magazines como Odisea, Entiendes ou as revistas Zero, As mais perralheiras, Glife México, Dos Manzanas, todas elas nunha liña de compromiso reivindicativo de apoio á loita polos dereitos dos homosexuais.
Traballou en Alemaña, Bélxica, Xapón e Francia. En 2001 vivía en Madrid, onde desenvolve a súa faceta como actor no eido cinematográfico, e onde foi membro fundador dun grupo poético xunto a Iñaki Echarte Vidarte.
Obra literaria en galego
- Non me pariches sen terra
- O meu libro das sombras
- Os de Montealto non levamos Paraguas, Voceiro de Zalaeta.
Obras colectivas
Obra literaria en castelán
- Loba María, La avispa.
- Cuarto de geranios.
Obras colectivas
- Huérfanos de Cernuda, 2009.
Obra cinematográfica
Véxase tamén
Ligazóns externas