Francesco Mussoni, nado o 15 de maio de 1971 é un político de San Marino, que foi Capitán Rexente de San Marino xunto con Stefano Palmieri no semestre entre o 1 de outubro de 2009 e o 1 de abril de 2010.
Membro do Partido Democrático Cristiá Sanmarinés (Partito Democratico Cristiano Sammarinese), Palmieri está no Gran e Xeral Consello dende 2008, aínda que xa fora membro entre o período de 2001a 2006. Mussoni é avogado logo de rematar os seus estudos na Universidade de Boloña.