Fran Peleteiro , nado en Vigo en 1979 , é un actor galego . Ao longo da súa carreira ten traballado con actores e actrices como Antonio de la Torre , Luís Tosar , María Vázquez , Karra Elejalde , Alberto Amman , Inma Cuesta , Celso Bugallo ou Carmelo Gómez , entre outros e outras.
Traxectoria
Na súa filmografía figuran filmes como A Praia dos Afogados de Gerardo Herrero, Invasor de Daniel Calparsoro , Personal Movie de Héctor Carré; telefilmes como Outro máis de Ricardo Llovo, Tres días en abril de David Alonso e teleseries como Aída ou Matalobos .
A súa traxectoria non se limita ao audiovisual senón que vai paralela aos seus case vinte anos de actividade escénica, onde ten traballado como actor con La Cubana , con Leo Bassi , La Fura dels Baus , Artello teatro , A Factoría , Disque Danza ou o Centro Dramático Galego , como cantante en espectáculos musicais como El Libro de la Selva ou a Powell Ópera de Frank Leibovici. Tamén é autor de varias comedias, dous dramas e un musical; encargándose tamén da dirección escénica de varias delas.
Formado nos diferentes grupos e escolas de Vigo dende que tiña cinco anos, obtén o Título Superior de Arte Dramática pola ESAD de Galicia no 2009. Conta ademais cunha sólida formación complementaria en canto, danza e interpretación con mestras como Ana Senra , Nuria Gullón , Elena Atienza , Olga Cameselle , Mariano Barroso , Maga Martínez , Iñaki Aierra , Arnold Taraborreli , Dani Salgado, Olga Magaña , Afonso Becerra , Elisenda Renom , Andreu Reich , Marión Sarmiento , Cristina Domínguez , Mariana Carballal , Carmen Portaceli ou Will Keen .
Aparicións
Cinema
Televisión
Documental
Outros
Tupper (2014) Curtametraxe
Vivamos como Galegos (2012) Publicidade
Sony Tv Entertaiment Portugal (2010) Publicidade
Os malos hábitos (2010) Curtametraxe
Claudia 5.0 (2010) Mediametraxe
Puzzle (2010) Curtametraxe
Leccións de cousas (2010) Videocreación
Corto nº 3 (2009) Curtametraxe
The Charlines (2009) Curtametraxe
¿Dónde vas Soledad? (2009) Curtametraxe
Crimen S.A (2009) Curtametraxe
O labirinto ario (2008 ) Mediametraxe
Coma sempre (2007) Curtametraxe
Tosca (2007) Curtametraxe
Textos
Os Clocló . A arte de vivir pola cara (2013 , Morgante).
Galicia Caníbal: O Musical (2012)
Señora Carme (2011) Finalista do Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega
Tres ao cubo (2009)
Filosofá (2006)
Xoguetes (2004) Gañadora do Premio Estornela de Teatro Infantil
Véxase tamén
Ligazóns externas