As formas infinitas, tamén denominadas impersoais ou amodotemporais, caracterízanse pola ausencia de sufixo de modo e tempo e de sufixo de número e persoa (a excepción do infinitivo conxugado), presentando só morfema de aspecto. O Participio presenta flexión de xénero e número. Sintacticamente non poden ser nunca verbo principal.
Valores
As formas infinitas poden expresar calquera valor de modo ou tempo. Segundo o contexto poden expresar unha acción:
- Anterior á enunciación: Rematado o traballo, podemos descansar
- Simultánea á enunciación: Para de chorar
- Posterior á enunciación: Agardo ter vacacións este verán
Estas formas opoñeránse polo aspecto:
- O Infinitivo: é aspectualmente neutra.
- O Xerundio: presenta a acción na súa fase central, xeralmente no seu desenvolvemento.
- O Participio: presenta o resultado da acción, xeralmente no seu termo.