Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Fontao.
San Bartolomeu de Fontao é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2000.
A aldea de Fontao, deshabitada, foi mercada en 1964 pola compañía hidroeléctrica Saltos del Sil (na actualidade pertencente a Iberdrola). No ano 2009, esta empresa demoliu a capela de San Martiño, do século XIX, malia estar protexida por patrimonio e pola normativa municipal[2].
Eclesiasticamente, a parroquia foi suprimida na primeira metade da década de 1980 e os seus lugares incorporados a Lumeares.[3]
Lugares e parroquias
Lugares de Fontao
Parroquias da Teixeira
Notas
Véxase tamén
Outros artigos